Inicio / Axenda / Outras actividades / Vexo, vexo... Ven fotografar a natureza do...
Do 25-05-2025 ao 01-06-2025
Vexo, vexo... Un cabaliño do demo, un paxaro, unha bolboreta, unha pedra cuberta de musgo... Colle a túa cámara e anímate a participar nas xornadas de descuberta de biodiversidade organizadas pola veciñanza de Xeve e Bora en colaboración con ADEGA e outras organizacións. Toda unha beleza natural que corre perigo se permitimos a construción da autovía A-57 en Pontevedra, que atravesaría o Lérez. As andainas son aptas para toda a familia e terá lugar o domingo 25 de maio -saída ás 10 am do párking to CEIP de Santo André de Xeve- e o domingo 1 de xuño -saída ás 10 am da ITV de Bora-. Anímate a participar!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal