ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Nova xornada de restauración ambiental co...

31-05-2025

Nova xornada de restauración ambiental co Couto da Eirexiña

O próximo sábado 31 de maio voltamos unirnos ás actividades de voluntariado ambiental do Couto da Eirexiña. Desta volta viaxamos ate o monte común de Quireza, en Cerdedo, onde dará comezo unha campaña de restauración ambiental nas áreas de depósito e captación de auga das traídas veciñais. Pola mañá levaranse a cabo accións de deseucaliptización e desacaciación. Ao rematar compartiremos unha rica comida e, para pechar a xornada, está programado un pequeno paseo guiado polas carballeiras de Piñeiro e Laxoso.

Programa

09:45h. Punto de encontro no lugar de Laxoso (Quireza, Cerdedo).
10:00h. Inicio da actividade de erradicación de eucalipto e acacia.
14:00h. Xantar.
15:30h. Paseo guiado polas carballeiras de Piñeiro e Laxoso
17:00h. Fin da xornada.

Queres participar nesta actividade?

Para inscribirte nesta xornada de restauración ambiental preme no seguinte formulario.

data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 29 de maio. A actividade inclúe o seguro de responsabilidade civil e de accidentes e o xantar comunitario. Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Que é o Couto da Eirexiña?

O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que nace da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) de Vigo, a comunidade de montes en man común da parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) e particulares para a conservación do bosque autóctono e a biodiversidade. A principal finalidade do proxecto, que conta cunha superficie total custodiada de 172,66 hectáreas, é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Rebordelo.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal