ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso de formación do Proxecto Ríos

24-05-2025

Curso de formación do Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA, lanza un ano máis o seu curso de formación para persoas interesadas no coñecemento e coidado dos nosos ríos. Terá lugar no local de ADEGA en Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, 20 baixo) o vindeiro sábado, 24 de maio, dende as 10:00 ata as 14:00 horas.

Desta volta, xa na 40 edición destas xornadas, a equipa ambiental de ADEGA fará un achegamento ao Proxecto Ríos, o maior programa de voluntariado ambiental en ríos do país, que neste ano celebra o seu 20 aniversario; e ademais, sairemos ata o río Sarela, para coñecer in situ o proceder dunha identificación de macroinvertebrados para determinar a calidade ecolóxica do río. 

O programa é o seguinte: 
     10:00 Recepción de participantes
     10:30 Presentación do proxecto
     11:00 Saída ao río e recollida de mostras
     11:45 Descanso e pequeno refrixerio
     12:15 Identificación de macroinvertebrados
     14:00 Clausura do curso

Anímate! Podes inscribirte a través deste FORMULARIO.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal