Inicio / Axenda / Outras actividades / II Xornadas de Traballo Social Ecosocial
Do 06-05-2025 ao 07-05-2025
Velaquí está o programa das II Xornadas de Traballo Social Ecosocial, para a defensa do territorio e comunidades sostibles. Organizadas pola Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, ADEGA participará nelas cunha charla impartida pola bióloga, escritora e expresidenta de ADEGA, Adela Figueroa, baixo o nome de "Matria. Poesía para a terra". Terá lugar o martes 6 de maio ás 19:45 h. Achégate! Será no Salón Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal