ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Campaña de doazóns pola defensa do...

Do 30-04-2025 ao 30-06-2025

Campaña de doazóns pola defensa do lobo

O Fondo para a Protección do Lobo Ibérico (www.fondolobo.org) é unha iniciativa de micromecenado impulsada pola Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica e na que colabora ADEGA. O seu obxectivo pasa por acadar o financiamento necesario para emprender accións legais e xudiciais, pero tamén educativas e divulgativas, en defensa do lobo ibérico. Á vez, busca abrir un debate sosegado e informado na sociedade sobre o papel do lobo no equilibrio ambiental e sobre a necesidade da súa protección.

A campaña, que arrincou o pasado 22 de abril, Día da Terra, conta co apoio polo momento de 25 entidades de conservación da natureza de todo o Estado español e de Portugal, xa que a poboación de lobo ibérico está compartida entre os dous estados. A campaña de micromecenado rematará o vindeiro 30 de xuño.

DOA XA e apoia a protección do lobo ibérico!


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal