ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Roteiro pola Serra de Fontoira e polo Alto de...

19-01-2025

Roteiro pola Serra de Fontoira e polo Alto de Restelo

Comezamos o ano cun novo roteiro, o vindeiro domingo 19 de xaneiro. Dous van ser os lugares aos que nos desprazaremos para coñecer de primeira man onde a Xunta e Greenalia pretenden instalar dous novos parque eólicos. Moverémonos sempre por riba dos 900 metros polo que necesitaremos abrigarnos.

Vindo de Baralla e cara Navia de Suarna, por riba de Castro Lanzán ao oeste e de Teixeira de Arriba ao leste temos o PE Monteiro na Serra de Fontoira coa pretensión da instalación de 5 aeroxeradores. Faremos un pequeno roteiro circular duns 2 quilómetros onde, se o tempo o permite se ampliaría a 5, poderemos ver o alcance dos parques eólicos da comarca.

Desprazarémonos logo até o alto de Restelo para ver a localización exacta dos 6 aeroxeradores de máis de 180 m. de alto nos concellos de Baleira, Fonsagrada, Navia e Becerreá. Faremos tamén un roteiro circular duns 6 quilómetros, pasando preto de Redrollán, dende onde a perspectiva, se é posible, permitiranos ver tamén unha amplísima panorámica dos parques xa instalados na zona e o que suporía a instalación dos proxectados.

O punto de encontro será ás 9h no local de ADEGA para coordinar os coches dende Lugo, xa que desta volta non haberá servizo de autobuses.

Os cartos recadados neste roteiro serán destinados ás campañas Ti Podes Paralos! para frear os parques eólicos Restelo e Monteiro.

Na seguinte imaxe podes ver o panorama eólico que queda na zona dos Ancares. Aínda podemos frealos!

O programa de roteros "Auga: O quebracabezas da vida"

  • 16 de febreiro. Castroverde / A horta do Rei
  • 16 marzo. Santo Estevo do Ermo
  • 20 abril. Ancares por Terras do Val do Ser
  • 11 de maio. Carballeda de Valdeorras
  • 15 de xuño. Arousa. ALTRI NON.

Reserva a túa praza!

Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo (http://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva. As persoas interesadas terán que inscribirse a través do formulario de reserva antes das 13:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades, aínda que as persoas socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como estudantado, persoas en situación de desemprego ou menores de 14 anos. 

O prezo deste roteiro é de 6€ e inclúe o seguro de accidentes para menores de 75 anos. Os cartos destinados 

O pago ten que realizarse con antelación e por transferencia bancaria. Enviaranse os datos unha vez feita a reserva. As prazas asignaranse por orde de inscrición ata o venres previo ao roteiro ás 13h.

Os roteiros son de xornada completa. Cómpre levar roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de todes.

    Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 240299 (local)

    Ligazóns

    ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
    Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
    Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal