Inicio / Axenda / Outras actividades / Festa do Sol na Eira da Xoana
21-12-2024
Celebramos o solsticio e a chegada do inverno! Os días empezan a medrar, e queremos festexalo contigo cunha celebración chea de luz, música e tradición!
📅 Día: 21 de decembro
⏰ Hora: A partir das 5 da tarde
📍 Lugar: Na Eira🗓
Programa da xornada:
17:00 - Preparativos para a xornada.
17:30 - Subida ao Cotón para ver o solpor.
18:00 - Queima do ano vello e acendido do toro do Natal.
18:30 - Merenda-cea compartida (trae algo para compartir ) e inicio da FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO con Bico da Balouta, Raúl e Amaro Galego, Carmel&Denis con música irlandesa; Iria Rei, Curra e Eladio, e Xosé Mosqueira.
Haberá queimada tradicional e festa ata que queiramos! Non faltes! Trae boa enerxía e ganas de celebrar.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal