22-12-2024
Neste roteiro descubriremos os tesouros arqueolóxicos da zona de Adai en Lugo. Un ano mais teremos o privilexio de contar con Pilar Prieto, membro do Grupo EcoPast, EducoPast - Universidade de Santiago, CISPAC, e Brais Rodríguez, quen nos descubrirán este conxunto arqueóloxico tan importante para a Idade do Bronce na Galiza.
Neste percorrido coñeceremos os traballos dos dous últimos anos no Corro dos Mouros ou Castrillón, visitaremos o Altar de Adai e coñeceremos algunhas das teorías sobre este xacemento. No camiño atoparémonos con varios petróglifos moi singulares, algúns prehistóricos, e outros non pero de moito interese igualmente. O percorrido é fácil duns 9Km.
Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva.
As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13h do venres anterior ao roteiro.
Cubriranse as prazas por orde de inscrición.
Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades.
Prezo: 6€
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal