Inicio / Axenda / Outras actividades / I Xornadas sobre Recursos Naturais e...
Do 16-11-2024 ao 17-11-2024
Este sábado 16 e domingo 17 de novembro, ADEGA colabora na organización das I Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade do Concello de Soutomaior que se celebrarán na Casa da Cultura "Rexina Míguez". Incluirán unha saída micolóxica, mesas redondas sobre xestión multifuncional do monte, comunidades enerxéticas, obradoiros e magosto final.
Sábado 16
16:00h - 18:00h. Saída micolóxica polos montes de Soutomaior con ‘MycoGalicia Plantae’.
Domingo 17
11:00h Apertura de portas: acto oficial de presentación das xornadas.
11:15h – 12:45h. Mesa redonda ‘A Xestión sostible do monte’.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal