ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Convocatoria nacional pola lingua

17-11-2024

Convocatoria nacional pola lingua

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Cómpre volver mobilizármonos polo futuro do idioma de Galiza. A Plataforma Queremos Galego, da que fai parte ADEGA, anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a manifestarse o domingo, 17 de novembro, ás 12:00 horas en Santiago de Compostela. Aquí podes consultar os puntos mínimos e as medidas urxentes que se demandan nesta nova mobilización.

Vémonos nas rúas o próximo 17 de novembro!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal