ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Obradoiro "A importancia das sebes"...

02-11-2024

Obradoiro "A importancia das sebes" (Friol)

O vindeiro sábado 2 de novembro achegarémonos ata o concello de Friol para aprender algo máis sobre a importancia das sebes. 

Os traballos desenvolveranse pola mañá e ao rematar faremos un xantar de convivio para recuperar forzas. Os horarios previstos son:

9.30 Recepción de participantes e entrega de materiais
9.45 Charla introdutoria 
10.00 Comezo dos traballos
12.00 Descanso
12.30 Continuación dos traballos
14.30 Xantar de convivio
17.00 Peche

Para participar é preciso inscribirse antes do xoves 31 de outubro a través do formulario: https://bit.ly/sebefriol24

A actividade é de balde e está dirixida ao público en xeral, conta cun seguro de accidentes e ADEGA proporcionará ás participantes o material necesario para a súa realización.

Agradecemos ao CIF Lourizán que cedeu as árbores que imos plantar neste día. 

A iniciativa enmarcase no proxecto de ADEGA: CONSERVANDO A PAISAXE DA RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E O SEU PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL que financia a Área de Medio ambiente da Deputación de Lugo dentro das actividades organizadas por ADEGA por mor do Día Mundial das Reservas da Biosfera.


Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal