ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Obradoiro "Como conservar un muro a xunta...

Do 27-10-2024 ao 17-10-2024

Obradoiro "Como conservar un muro a xunta seca" (Láncara)

O vindeiro domingo 27 de outubro achegarémonos ata o concello de Láncara para aprender algo máis sobre os muros a xunta seca. 

Os traballos desenvolveranse pola mañá e ao rematar faremos un xantar de convivio para recuperar forzas, e pola tarde completaremos a xornada cunha pequena andaina pola zona. Os horarios previstos son:

9.30 Recepción de participantes e entrega de materiais
9.45 Charla introdutoria na construción a xunta seca
10.00 Comezo dos traballos
12.00 Descanso
12.30 Continuación dos traballos
14.30 Xantar de convivio
17.00 Roteiro pola zona
19.00 Peche


Para participar é preciso inscribirse antes do venres 25 de outubro a través do formulario: https://bit.ly/xuntasecalancara24 . As prazas son limitadas a 15 persoas.


A actividade é de balde e está dirixida ao público en xeral, non é preciso ter coñecementos previos, conta con seguro de accidentes, e ADEGA proporcionará ás participantes o material necesario para a súa realización.

A iniciativa enmarcase no proxecto de ADEGA: CONSERVANDO A PAISAXE DA RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E O SEU PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL que financia a Área de Medio ambiente da Deputación de Lugo dentro das actividades organizadas por ADEGA por mor do Día Mundial das Reservas da Biosfera.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal