ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteirríos nas Bacías dos...

27-10-2024

Roteirríos nas Bacías dos ríos Val do Home e Xesta

A finais de mes, concretamente o domingo 27 de outubro organizamos un roteiro polo interior da provincia de Pontevedra, esta é unha actividade lúdica e dirixida a todos os públicos cuxo obxectivo é achegarnos aos ecosistemas fluviais e a importancia da conservación das serras, xa que estás son en moitos casos o nacemento dos ríos. O roteiro será guiado polo guía de montaña Julio Eiroa na Serra do Suído e Val do Home cunha duración de 10h a 17h.
Unha distancia aproximada de 15 km
Desnivel +450 m
Percorrido circular e dificultade media.
As prazas son límitadas a 25.

Para acceder ao formularío é imprescindible comunicarse previamente co guía (Julio Eiroa) no teléfono 654 500 652

Actividade financiada por Augas de Galicia

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal