ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteirríos pola senda do Lérez

26-10-2024

Roteirríos pola senda do Lérez

O sábado 26 de outubro (data definitiva) realizaremos un paseo pola senda do Lérez. É un paseo sinxelo é moi coñecido, polo que aproveitaremos para facer un roteiro interpretativo e aprender a observar a natureza, descubriremos a flora de ribeira, coñeceremos os proxectos de eliminación de flora exótica; que é a flora exótica? E porque a queremos eliminar? As aves do río, e sabiades que os peixes do Lérez saben usar escadas? Coñeceremos as estruturas para que os peixes poidan salvar os obstáculos como as presas, para que valen as presas?

Estas e outras preguntas poderémolas resolver durante o roteiro que será en horario de mañá de 9:30h a 14h. Aberto a todos os públicos en especial a persoas grandes e pequenas que se queiran iniciar no coñecemento da natureza. Prazas limitadas a 20.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal