ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Encontro Galiza-Ecuador Elas paran o espolio

22-10-2024

Encontro Galiza-Ecuador Elas paran o espolio

"Elas paran o espolio". Este é o nome do encontro Galiza-Ecuador no que ADEGA colabora canda a outros colectivos e que terá lugar o próximo martes, 22 de outubro, ás 19:00 horas na Revolteira (Falperra, 13, A Coruña). Neste acto participarán, desde Ecuador, a lideresa indíxena da comunidade waorani de Gomataon e defensora do territorio, Ene Nenquimo; a lideresa indíxena da comunidade waorani de Toñampade e defensora dos dereitos das mulleres e da preservación da cultura waorani, Dayuma Nango; e a historiadora e activista Manai Prado. Desde Galiza, tomará a palabra Mónica Cea, da Plataforma Ulloa Viva. Achégate!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal