ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Inspección de ríos Rego do Segade...

19-10-2024

Inspección de ríos Rego do Segade (Lugo)

O vindeiro sábado 19 de outubro a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Rego do Segade.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

A actividade é de balde e aberta a todo o mundo, máis para participar é preciso reservar plaza cubrindo o formulario. Se tes algunha dúbida podes chamarnos ao 982240299 ou escribir un correo a adegalugo@adega.gal.


O punto de encontro será ás 17h aquí.



Anímate a participar!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal