Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada teórico-práctica sobre...
Do 17-10-2024 ao 18-10-2024
ADEGA organiza o xoves 17 de outubro e o venres 18 unha xornada teórico-práctica sobre especies exóticas invasoras no CIFP A Granxa de Ponteareas.
Sesión teórica (17 de outubro): de 9:30 a 11:30h con alumnado do CIFP.
Sesión práctica (18 de outubro): en xornada de mañá (9:30 a 14:30h), visita á zona de actuación no río Tea dentro do Proxecto Fluviatilis, identificación de especies exóticas invasoras e plantación de árbores autóctonas na ribeira do Tea como acción de conservación do medio fluvial e loita contra as invasións biolóxicas na zona.
As actividades de educación, sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, incluídos os centros educativos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal