Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso de formación do Proxecto Ríos...
19-10-2024
O Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, organiza unha actividade de formación dirixida a público xeral que teña interese en desenvolver unha actividade de educación ambiental en torno ao coñecemento dos ríos. Este curso terá lugar o próximo sábado, 19 de outubro, na Casa do Pobo de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) en xornada de mañá de 10:30 a 14:00 e de tarde de 16:00 a 18:00, con xantar popular ao mediodía.
O obxectivo desta formación é facilitar ferramentas ás persoas voluntarias para que poidan desenvolver actividades de coñecemento dos ecosistemas fluviais, así como da fauna e flora dos ríos, desde un enfoque práctico. O curso contará cunha charla para coñecer o proxecto, unha saída ao río para a recollida de mostras de macroinvertebrados e a súa posterior identificación para determinar a calidade ecolóxica do río. Tamén se fará unha aproximación á custodia do territorio como ferramenta de conservación e unha visita ao Couro da Eirexiña.
10:30 Recepción
10:45 Presentación do Proxecto Ríos e entrega de material
11:15 Saída ao río para a recollida de macroinvertebrados
11:45 Identificación de macroinvertebrados. Con Yasmina Barciela, entomóloga e investigadora do grupo de Bioloxía ambiental da Universidade de Vigo.
13:15 A custodia do territorio como ferramenta de conservación. Proxecto do Couto da Eirexiña.
14:00 Peche do curso e xantar popular
16:00 Visita ao Couto da Eirexiña
18:00 Peche
O curso é gratuíto, mais cómpre inscribirse previamente a través deste FORMULARIO.
Se tes calquera dúbida, podes mandar un correo a marialafuente@adega.gal .
Anímate!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal