ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Altri: guía para responder requirimentos...

Do 25-09-2024 ao 25-10-2024

Altri: guía para responder requirimentos ás alegacións

Algunhas persoas que alegaron ao proxecto ALTRI están a recibir requerimentos da Xunta para seren recoñecidas como interesadas, ao abeiro do art. 4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo. As administracións interpretan este artigo de xeito restritivo, polo que só recoñecen a condición de interesada ás persoas físicas con predios, servidumes ou intereses lexítimos directamente afectados.

Se este é o teu caso, achegamos un modelo para cubrir e enviar por rexistro en resposta ao requerimento. No DOG nº 45 no que se somete a exposición pública o proxecto de ALTRI figura unha relación (Anexo I) de bens e dereitos afectados. As persoas con intereses na zona, figuren ou non nesta relación, que se consideren afectadas deberían cubrir e presentar este documento:  Modelo 1

Para persoas non directamente atinxidas nos seus predios polo proxecto que presentaron alegacións e solicitaron seren recoñecidas como interesadas, propoñemos que en resposta ao requerimento recibido acheguen o escrito Modelo 2 apelando aos seus dereitos constitucionais. Aínda que a súa petición será probábelmente rexeitada por unha interpretación restritiva da norma, a Xunta ten a obriga de cursar e respostar cada escrito.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal