ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso de formación do Proxecto Ríos...

09-10-2024

Curso de formación do Proxecto Ríos en Mondoñedo

O Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, organiza unha actividade de formación dirixida a persoal docente que teña interese en aprender a levar a cabo actividades de educación ambiental sobre o coñecemento dos ríos canda ao seu alumnado. Este curso terá lugar o próximo mércores, 9 de outubro, no IES de San Rosendo - A Granxa de Mondoñedo en xornada de tarde, desde as 16:30 ata as 20:00 horas.  

O obxectivo desta formación é facilitar ferramentas ao profesorado para que poida desenvolver actividades de coñecemento dos ecosistemas fluviais, así como da fauna e flora dos ríos, desde un enfoque práctico. O curso contará cunha charla para coñecer o proxecto, unha saída a carón do rego de Valiñadares para a recollida de mostras de macroinvertebrados e a súa posterior identificación para determinar a calidade ecolóxica do río. 

Programa

16:30 Presentación e entrega de materiais
16:45 Charla “O Proxecto Ríos como proxecto de aprendizaxe nos centros de ensino”
17:45 Saída ao rego de Valiñadares para a toma de mostras de macroinvertebrados
19:30 Identificación de macroinvertebrados
20:00 Fin da xornada

Inscríbete!

O curso é gratuíto, mais cómpre inscribirse previamente a través deste Formulario

Se tes calquera dúbida, podes mandar un correo a adegamarinha@adega.gal ou contactar no número 657944409.

Anímate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal