Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteiro Interpretativo na Mariña Lucense
21-09-2024
O sábado 21 de setembro realizaremos un Roteirríos na Mariña Lucense. Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que se desenvolve dentro do Proxecto Ríos.
Achegarémonos a coñecer a contorna do Regato de Santo Estevo de Ermo, un dos principais afluentes do río Masma. Poderemos coñecer e observar os valores naturais e patrimoniais que ofrece este enclave, así como as accións de custodia do territorio que desenvolven as entidades Mariña Patrimonio, Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo.
Entre as actividades previstas, ademais do roteiro, faremos unha visita á finca de custodia; achegarémonos á ermida de Santo Estevo do Ermo e á fervenza; tamén aproveitaremos para realizar unha inspección do Proxecto Ríos e coñecer o estado de saúde do rego, así como unha recollida dos residuos que vaiamos atopando.
PROGRAMA:
10:00 Presentación e introdución da xornada.
10:15 Inicio do roteiro.
11:30 Valoración da calidade do bosque de ribeira e posta en común dos datos.
12:30 Análise de macroinvertebrados.
14:15 Fin da xornada.
Durante a actividade, aproveitaremos para recoller lixo no marco da XVII Limpeza de Ríos de ADEGA, Móllate polos Ríos.
Esta actividade é gratuíta máis é preciso inscribirse. Podes facelo a través deste FORMULARIO Tamén enviando un correo a Bibiana Lorenzo: adegamarinha@adega.gal
Esta é unha actividade financiada por Augas de Galicia
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal