ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornadas As mulleres gardiás da ría...

Do 19-10-2024 ao 20-10-2024

Xornadas As mulleres gardiás da ría e do mar

Os próximos sábado 19 e domingo 20 de outubro terán lugar na Coruña unhas xornadas ecofeministas chamadas "As mulleres gardiás da ría e do mar".

Darán comezo o día 19 ás 11,00h da mañá no local da AC Alexandre Bóveda, onde 6 traballadoras do mar falarán da problemática do lixo mariño e da súa visión para o coidado do medio natural que lles proporciona o seu traballo. 

As poñentes serán as seguintes:

  • María Ballesteros Rivas: Responsable de educación e voluntariado en Surfrider.
  • Ángela Cortina Burgueño: Secretaria Técnica para las flotas de Gran Altura da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo.
  • Teresa Ramiro: Mariscadora na Ría do Burgo.
  • Sandra Amezaga Menéndez: Secretaria Asociación Mulleres Salgadas.
  • Mercedes Bernal Sousa: Secretaria da Confraría de Pescadores da Coruña entre os anos 1990 e 2024.
  • Itziar Díaz: Educadora Ambiental de ADEGA e responsable das Limpezas de Praias.
Para completar as xornadas, o día seguinte, 20 de outubro, faremos un "Roteiro pola ría do Burgo" para descubir esta zona de produción marisqueira e a súa biodiversidade.

Para poder asistir a esta xornada é necesario inscribirse previamente no seguinte formulario.

Para máis información, podes mandar un correo a: adegacorunha@adega.gal ou itziar@adega.gal

Esta actividade enmárcase dentro do convenio nominativo do Concello da Coruña.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal