Inicio / Axenda / Educación ambiental / Actividades do programa Eu Quero Razo Baldaio 2024
Do 03-07-2024 ao 30-08-2024
Un ano máis ten continuidade este proxecto de conservación e hábitos sustentables no litoral de Razo e Baldaio. Entidades como ADEGA desenvolverán as accións relacionadas coa conservación da costa. Tanto o Concello de Carballo como as entidades, buscan a valorización da contorna co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte.
A maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto, ademais de algún domingo puntual. Podes consultar a programación na seguinte ligazón: PROGRAMA 2024
Dende ADEGA imos desenvolver un programa de 2 actividades na liña de traballo que levamos anos realizando na Costa da Morte e en todo o litoral galego. Estas son en horario de mañá, dirixidas a todos os públicos e as persoas menores deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. As prazas son limitadas.
En xullo mollaremos os pés para "Explorar as pozas da marea" e en agosto poñerémonos mans á obra para a actividade de voluntariado ambiental "Xornada de eliminación de invasoras".
Podes inscribirte nas actividades nas seguintes ligazóns:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal