ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de voluntariado para eliminar invasoras...

16-07-2024

Xornada de voluntariado para eliminar invasoras no Tambre

ADEGA convoca o voluntariado a unha nova acción de eliminación de especies exóticas invasoras desenvolvida no marco proxecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia. A actividade terá lugar o vindeiro martes, 16 de xullo, en sesión de mañá no Tambre, ao seu paso polo Concello de Ames.

Nesta ocasión continuaremos coa eliminación de Tradescantia fluminensis no río Tambre, con labores de seguimento das xornadas anteriores e actuacións sobre os posibles rebrotes. Para evitar a propagación da planta, despois da súa retirada manual, realizarase un sombreado artificial nas parcelas obxectivo. Porase en práctica esta técnica de control mecánico recomendada en variadas publicacións sobre esta especie invasora.

A actividade terá a seguinte temporalización:
9:30 h.- Recepción do voluntariado participante
9:45hh.- Introdución á problemática das EEI nos ecosistemas fluviais
10:00 h.- Desprazamento ata a zona de traballo
10:15 h.- Eliminación de Tradescantia fluminensis e sombreado artificial
12:30 h.- Descanso
13:00 h.- Recollida dos restos eliminados e avaliación da actuación
14:00 h.- Remate da actividade

Para acudir, necesítase inscrición previa no seguinte correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal . Deberás indicar o teu nome, apelidos, D.I. e teléfono de contacto. Anímate a participar!

Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control de EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental dirixidas a diferentes públicos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal