ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Andaina de iniciación á ornitoloxía (Coeses -...

06-07-2024

Andaina de iniciación á ornitoloxía (Coeses - Lugo)

Un ano máis a delegación de Lugo de ADEGA organiza as xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”, que terán lugar entre os meses de xullo e setembro. Catro actividades adicadas a cada un dos catro elementos da natureza: aire, auga, lume e terra, coas que achegar as persoas á natureza e a hábitos de vida máis sustentábeis.

A primeira actividade será a relativa ao aire o vindeiro sábado 6 de xullo de 9h a 13h. Realizarase unha andaina de iniciación ornitolóxica por Coeses (Lugo), onde se pretende implantar unha planta de biogás.

A actividade é de balde e está dirixida a persoas de todas as idades.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres 5 ás 14h chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal. Unha vez realizada a inscrición enviarase o punto de encontro por correo electrónico.

O resto das actividades iranse anunciando ao longo do verán.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal