ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa redonda sobre a eólica en Lugo

26-06-2024

Mesa redonda sobre a eólica en Lugo

A delegación de Lugo de ADEGA organiza o vindeiro mércores, 26 de xuño, unha palestra coa que se pretende afondar nos impactos que o actual desenvolvemento eólico ten sobre o territorio. Esta xornada entra dentro das accións que ADEGA-Lugo está a impulsar a prol da campaña de doazóns Ti Podes Paralos! coa que se pretenden recadar fondos para recorrer nos tribunais a autorización do proxecto eólico Monte Contado, entre os concellos de Castroverde e Lugo. 

Na xornada intervirá Javier Ferreiro, do IBADER, que analizará as consecuencias ambientais dos parques eólicos e estudará o caso concreto das turbeiras do Xistral. Tamén tomará a palabra Carola Casal, da Asociación O Sorriso de Daniel, que explicará os efectos dos polígonos eólicos sobre o patrimonio cultural. Por último, a bióloga e activista Adela Figueroa comentará os impactos ambientais e patrimoniais que o polígono eólico Monte Contado, proxectado moi próximo aos Lagos de Teixeiro, podería ter sobre o territorio se non se paraliza.

 A xornada desenvolverase no salón de actos do IES Lucus Augusti (Instituto Masculino), ás 20h.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal