ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de restauración ambiental Couto da...

29-06-2024

Xornada de restauración ambiental Couto da Eirexiña

Nova xornada de restauración ambiental! ADEGA Vigo-Morrazo colabora co Couto da Eirexiña nunha nova xornada o vindeiro sábado 29 de Xuño en Rebordelo (Cotobade):

➡️ Pola mañá comezaremos co voluntariado de deseucaliptización de 10 a 14h .Despois da xeira, degustaremos as deliciosas pizzas de Rebordelo, coa posibilidade de irse refrescar a praia fluvial de Carballedo e botar unha sesta antes de que prenda o serán ao ritmo das pandeiretas.
➡️ A partir das 20:30h Serán na Carballeira da Porteliña, no que contaremos coa presenza do mellor do tradi de Terra de Montes e amigos convidados.

Haberá bebidas e pinchos!  

Inscrición ao voluntariado de deseucaliptizacion (data límite xoves 27 de xuño ás 13:00h e limitado a 20 persoas): https://forms.gle/a9ZtM7EKosFEg9aJ8  
A inscrición unicamente é precisa para o voluntariado, non para o serán.  

Hai zona de parking aquí:  https://maps.app.goo.gl/67DxZU2YmjXViD2G9  

Agardámoste!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal