ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Cea solidaria para frear un parque eólico...

14-06-2024

Cea solidaria para frear un parque eólico en Lugo e Castroverde

A delegación de Lugo de ADEGA organiza este venres, coincidindo co Arde Lucus, unha cea solidaria no CS Mádia Leva (Rúa Serra dos Ancares 18, Lugo) a favor da campaña de doazóns Tí Podes Paralos! para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización do parque eólico Monte Contado, entre os concellos de Lugo e Castroverde, e que afectaría aos Lagos de Teixeiro e ao Camiño Primitivo.


O menú terá entrantes veganos e omnívoros, o prato principal será unha paella vexetariana, e postres variados. O prezo será de 15€. Calquera persoa pode sumarse reservando a súa praza antes do xoves ás 13 de xuño ás 13h escribindo a adegalugo@adega.gal ou chamando ao 982240299.


Máis información sobre a campaña Tí Podes Paralos! : https://tipodesparalos.helpbysc.com/montecontado

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal