ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Reunión informativa fronte á ameaza...

13-04-2024

Reunión informativa fronte á ameaza da A-57 en Pontevedra

A Plataforma de Afectados/as pola A-57 en Pontevedra organiza un acto informativo sobre os impactos que tería a construción do segundo treito da A-57 sobre o rural pontevedrés. Terá lugar o próximo sábado, 13 de abril, ás 18:15 h. no Teleclube de Santo André de Xeve. Nela participará a secretaria executiva de ADEGA, Belén Rodríguez, que explicará o proceso de interposición do recurso técnico-contencioso e o funcionamento da campaña de doazóns impulsada pola asociación ecoloxista para a recadación de fondos para facer fronte a dito recurso. Achégate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal