21-04-2024
O vindeiro domingo 21 de abril, a delegación de Lugo de ADEGA, no marco do programa de roteiros “As montañas gardiás da nosa historia”; achegarémonos ata a aldea Liñares de Vidul, nun percorrido a través de antigos sendeiros que nos permitirá ollar Asturias dende a Fonsagrada. A xornada comezará cunha visita ao Museo Etnográfico da Fonsagrada.
Dende alí colleremos o autobús, que nos deixará no punto de inicio, na aldea de Liñares de Vidul, onde comezará a ruta por antigos sendeiros, con lugares abandonados e fermosos bosques de vexetación autóctona, antigas construcións tradicionais como ouriceiras ou ferreirías.
Pasaremos polo agora abandonado lugar de Ludeiro, con restos de adegas antigas e fornos de fundición de ferro. Continuaremos a andaina cara á cola do encoro de Grandas de Salime, pola variante de Riodeporcos, bonita vila asturiana á que accederemos a través dunha ponte colgante. Seguindo o leito do río, se o caudal o permite, chegaremos a Fornaza, onde nos recollerá o autobús para o regreso.
O percorrido é duns 10 Km e de dificultade media debido ás pendentes de baixada.
O autobús sairá ás 9h dende Lugo e estará de volta sobre ás 19h (o horario de regreso pode variar).
Os Roteiros de ADEGA-Lugo son andainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo da organización ecoloxista ADEGA desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación de todas as idades, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.
O seguintes roteiros deste curso 2023/24 son:
Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo (http://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva.
As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13h do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.
Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal