ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Limpezas formativas de voluntariado para a...

Do 10-01-2024 ao 13-01-2024

Limpezas formativas de voluntariado para a retirada de pellets das praias galegas

A asociación ecoloxista ADEGA convoca á poboación galega a participar en xornadas de formación para a limpeza da marea de pellets de microplástico procedentes que asola a costa galega. As saídas convocadas por ADEGA estarán orientadas especialmente a formar a persoas voluntarias que queiran exercer labores de coordinación de grupos ou colectivos que acudan aos areais para eliminar voluntariamente pellets de microplásticos, así como outro tipo de residuos que se atopan habitualmente nos nosos areais.

Estas accións terán lugar mañá mércores, 10 de xaneiro, en Carballo, Muros, Noia, Porto do Son e Fisterra; e o sábado, 13 de xaneiro, en diversas praias dos concellos de Noia, Porto do Son, Carballo, Cangas e Barreiros. En Porto do Son e Noia, a asociación Noia Limpa colaborará con ADEGA nas accións formativas.

Formularios de inscrición

As persoas interesadas en participar nestas accións de voluntariado formativo de ADEGA deberán inscribirse a través dos seguintes formularios:

-Mércores, 10 xaneiro: https://forms.gle/5Z3BYLi6UBkWUpKe8
-Sábado, 13 xaneiro: https://forms.gle/eDweeTrvpSV3N8rh6

Unha vez aceptadas as solicitudes, as voluntarias e voluntarios recibirán por correo electrónico información específica sobre os puntos de encontro e as praias nas que se actuará. Para futuras convocatorias, as persoas interesadas poden preinscribirse a través destroutra ligazón: https://forms.gle/eJt8qJ1Q3DFqQtCk8

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal