ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña

30-09-2023

Voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña

O sábado 30 de setembro realizamos unha nova actividade de educación ambiental.

Desta volta eliminaremos eucaliptos nos terreos en custodia do Couto da Eirexiña. E despois do xantar realizaremos unha descuberta de biodiversidade pola parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade).

https://coutodaeirexinha.gal/blog/2023/09/23/o-sabado-30-voltamos-cunha-nova-actividade-de-deseucaliptizacion/

Inscríbete!

Queres participar nesta actividade? Podes inscribirte nesta xornada de restauración ambiental cubrindo este formulario.

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 28 de setembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do  correo coutodaeirexinha@gmail.comAgardámoste!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal