ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de voluntariado para a eliminación...

29-09-2023

Xornada de voluntariado para a eliminación de especies invasoras no Limia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, continúa coas actividades de xestión e control da flora exótica invasora a través dunha nova xornada de voluntariado ambiental.

Despois das actuacións realizadas no río Tambre, ADEGA trasládase agora ao río Limia, ao seu paso por Rairiz de Veiga. A sesión desenvolverase en xornada de mañá o vindeiro venres 29 de setembro, na que se fará inventariado e eliminación de Ludwigia grandiflora e outras especies invasoras. Para asistir é necesaria a inscrición previa no seguinte correo electrónico: ramses@adega.gal.

Programa:

 9.20 Presentación e recepción
 9.30 Desprazamento á zona de traballo ao río Limia
 9.45 Introdución á problemática das especies exóticas invasoras
10.15 Inventaiado de Ludwigia grandiflora e outras especies invasoras
11.00 Eliminación de Ludwigia grandiflora
12.15 Recollida e avaliación da xornada
12.30 Peche da xornada

Anímate!

Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control das EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental dirixidas a distintos públicos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal