ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Andaina polos 100 anos do Seminario de Estudos...

12-10-2023

Andaina polos 100 anos do Seminario de Estudos Galegos

O vindeiro 12 de outubro fanse 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos. É unha data para lembrar... Cando ninguén miraba con agarimo o patrimonio da nosa Terra, eles fixérono. 

A Rede do Patrimonio coas súas entidades, entre as que está ADEGA, adhírese a unha marcha que percorrerá aquela saída inicial que fixeron de Santiago ata a casa de Ortoño onde se criou Rosalía de Castro. 

O Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, a Real Academia Galega organizan a andaina Santiago-Ortoño que rematará cun acto institucional no castro de Ortoño.

O percorrido cadra xoves, que é feriado, e terá unha lonxitude de 12 km, con dificultade técnica baixa. O tempo estimado é de 3,5 horas, a ritmo de marcha cómoda, facendo algunha parada breve nos puntos de interese patrimonial e paisaxístico.

Despois dun acto institucional á chegada, haberá romaría para todas as persoas concorrentes. Para o regreso a Santiago habilitarase un servizo de transporte público.Se non se quere quedar á romaría a 1 km do lugar de finalización hai paradas de buses que soben a Santiago (en Bertamiráns).

Como participar?

Para participar na marcha requírese inscrición previa a través do seguinte formulario:
http://www.museodopobo.gal/gl/node/733

Rógase anotarse o antes posible para que as organizadoras podan estimar adecuadamente as necesidade do roteiro en función do número de participantes.

A xente da Rede do Patrimonio agruparémonos onda a porta dos Leóns do paseo da Alameda. Prégase puntualidade.

Andamos polo Seminario de Estudos Galegos, andamos polo noso Patrimonio!




Programa polos 100 anos do Seminario de Estudos Galegos

ANDAINA

  • 09.00 saída da Alameda de Santiago
  • 10.30 parada técnica para reagruparse
  • 12.30 chegada a Ortoño
13.00 Acto institucional
  • Presentación e xustificación do acto
  • Lectura dun manifesto conxunto de todas as institucións participantes
  • Ofrenda floral
13.30 Romaría:
  • Música
  • Xantar
  • Transporte de retorno (buses)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal