ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Cursos de formación de voluntariado...

Do 19-05-2012 ao 14-07-2012

Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA

Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA

Dende a CEMMA, organización coa que colabora ADEGA, convidámosvos a participar nos vindeiros cursos de formación para voluntarios/as e asociados/as  que estamos a organizar, cos que se pretende divulgar os traballos da CEMMA e axudar aos voluntarios a hora de participar e colaborar connosco. Os cursos leváranse a cabo no local da CEMMA en Nigrán durante os vindeiros  sábados (maio, xuño e xullo), e inclúen unha parte práctica. O custo dos cursos e actividades e gratuíto.

O número de participantes en cada data será dun máximo de 20. Será necesario un mínimo de 10 persoas para a súa realización.


Para máis información e inscricións contactade através do correo electrónico cannaluz@hotmail.com, onde a responsábel de voluntariado da CEMMA, Luz Santos, porase en contacto convosco.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal