ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Inspección de primavera no Rego do Segade...

02-06-2023

Inspección de primavera no Rego do Segade (Lugo)

O vindeiro venres 2 de xuño a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Rego do Segade.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

Na actividade pode participar persoas de todas as idades, escribindo a adegalugo@adega.gal.

Anímate a participar!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal