ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso de formación para stakeholders |...

05-05-2023

Curso de formación para stakeholders | Fluviatilis

ADEGA organiza un plan de formación e capacitación dixido a stakeholders, persoas involucradas na xestión de ecosistemas fluviais e grupos de interese, para afondar no concepto de custodia do territorio e custodia fluvial.

Esta actividade terá lugar o venres, 5 de maio, no Albergue Alentea, en Covelo, Pontevedra, a partir das 16:30 e ata as 21:00 horas, co seguinte programa:

16:30 h Presentación do Proxecto FLUVIATILIS.
16:45 h Introdución á Custodia do Territorio e Custodia fluvial.

  • Historia, concepto, protagonistas, etc.
  • Modalidades de custodia fluvial.
18:30 h Descanso.
18:45 h Deseños de proxectos de custodia fluvial.
19:45 h Custodia do territorio e voluntariado como ferramenta contra as invasoras.
20:15 h Saída ao río Tea.
21:00 h Peche da xornada.

Inscríbete!

Para inscribirte á actividade, debes enviar un correo electrónico a: pacobanhobre@adega.gal

Proxecto Fluviatilis

O curso de formación desenvólvese no marco do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA canda a outras catro organizacións conservacionistas do Estado, e que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais. 

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal