ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXXVI Curso de Formación do Proxecto...

22-04-2023

XXXVI Curso de Formación do Proxecto Ríos

O vindeiro sábado 22 de abril realizamos no IES de Brión o XXXVI Curso de Formación do Proxecto Ríos que desta volta adicaremos a achegarnos á ilustración científica e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais. As prazas son limitadas e é preciso inscribirse.

Faremos unha iniciación á Ilustración Científica da man de María Viñas, ilustradora, que nos contará a súa traxectoria e realizaremos un pequeno obradoiro práctico.

Para inscribirse manda un correo a proxectoriosgaliza@gmail.com ou chama ao 981 57 00 99 / 627 628 194. Programa do curso:

  • 10:00 Recepción e entrega de material
  • 10.15 Estado do Proxecto Ríos
  • 10:30 Iniciación á Ilustración Científica. María Viñas. Ilustradora
  • 11:30 Saída ao río e identificación de macroinvertebrados no laboratorio
  • 14.30 Clausura do curso

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal