ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / 14D: Concentracións nas cidades polas...

14-12-2022

14D: Concentracións nas cidades polas liberdades públicas

Organizacións sociais, políticas e culturais galegas, entre elas ADEGA, convocan para este mércores, 14 de decembro, concentracións nas sete cidades baixo o lema "Pola defensa dos dereitos democráticos e das liberdades públicas. Non ao delito de desordes públicas agravadas".

A revisión da norma agocha na derrogación do delito de sedición un novo marco normativo de endurecemento do delito de desordes públicas, que previsibelmente funcionará para coartar dereitos fundamentais como o de manifestación ou o de participación política, ademais de para ampliar e estender a represión contra calquera actuación de disidencia política ou de malestar e protesta social. É por isto que te convocamos ás concentracións que terán lugar o mércores 14 de decembro nas cidades galegas.

Máis información, no MANIFESTO "Non ao delito de desordes pública agravadas".

Acude!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal