ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Conferencia no Parlamento Europeo: 20 anos do...

16-11-2022

Conferencia no Parlamento Europeo: 20 anos do Prestige

ADEGA foi convidada por Ana Miranda, europarlamentaria de BNG, a participar na Conferencia Europea “20 anos do accidente do Prestige: análise da seguridade marítima en Europa”, que terá lugar este mércores 16 de novembro, no Parlamento Europeo. En representación de ADEGA, asistirá Adela Figueroa Panisse, expresidenta da asociación ecoloxista, quen intervirá no Panel 1 da Conferencia ás 15:25 horas. O acto poderase seguir en liña na seguinte ligazón: https://ep.interactio.eu/lskt-kpl8-2n16

A continuación, pódese consultar o programa completo.

PROGRAMA  

15.00h  Inauguración da conferencia  

  • Karima Delli, presidenta da Comisión de Transporte do Parlamento Europeo
  • Camilo Nogueira, ex eurodeputado do BNG Ana Miranda, eurodeputada do BNG, Grupo Verdes/ALE  
  • Proxección de vídeo inicial    

15.15h  PANEL 1

O accidente da marea negra do Prestige na costa galega:  afectación medio ambiental e económica, reacción social ao accidente.  

  • 15.15-15.25h  Xosé Manuel Pereiro, xornalista
  • 15.25.15.35h  Adela Figueroa, ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
  • 15.35-15.55h Ana Pasantes e Luisa Gerpe, representantes do sector pesqueiro galego
  • 15.55-16.15h Suso de Toro e Xurxo Souto, movemento social Nunca Máis

16.15h  PANEL 2                    

Análise da seguridade marítima europea  

  • 16.15-16.30h Jacob Terling, Unidade de Seguridade Marítima da Dirección Xeral de Transporte da Comisión Europea 
  • 16.30-16.45h Frederic Hebert, Xefe da Unidade de Sustentabilidade do Departamento de Sustentabilidade e Asistencia Técnica da Axencia de Seguridade Marítima Europea (EMSA)

16.45h PANEL 3

O Erika e outros casos de contaminación mariña en Europa
 

  • 16.45-16.55h Pierre Karleskind, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo
  • 16.55-17.05h Marie Toussaint, eurodeputada de Europe Écologie, Grupo Verdes/ALE
  • 17.05-17.15h Alain Bonnec, ex-vicepresidente da asociación Merci Erika de Bretaña
  • 17.15-17.25h Frank de Boer, representante do FNP (Fryske Nasjonale Partij – Partido Nacional Frisio), Frisia
  • 17.25-17.35h  Jean-Ronan Le Pen, co-presidente da asociación ecoloxista ZEA, Francia    

17.35h Debate    

18.15h A arte como loita contra a marea negra Proxección de fotografías do Prestige e do Erika

Actuación musical de Xurxo Souto e IALMA

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal