ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Oferta de posto de traballo de ADEGA -...

Do 18-10-2022 ao 25-10-2022

Oferta de posto de traballo de ADEGA - Comunicación

Condicións e requirimentos do posto de traballo ofertado

Lugar/sede de traballo: Santiago de Compostela (sede ADEGA-Nacional: Avenida de Castelao, 20 baixo).

-Tipo de contrato: media xornada.

-Perfil profesional: licenciados/as en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou outras titulacións relacionadas coas Ciencias da Información. Valorarase experiencia en comunicación ambiental.

-Data límite para presentar currículos: martes, 25 de outubro. 

ADEGA precisa unha persoa para levar adiante tarefas de comunicación en diferentes soportes (prensa, audiovisual, radio e RRSS).

Buscamos unha persoa comprometida coa defensa ambiental do país e con destrezas diversas e experiencia para desenvolver as seguintes tarefas:  

  • Redacción e edición de publicacións.
  • Edición de audio e locución.
  • Gravación e edición audiovisual.
  • Xestión de redes sociais.
  • Elaboración dosieres de prensa.
  • Revisión de textos e corrección lingüística.
  • Elaboración de novas de prensa.
  • Procura de publicidade.
  • Solicitude de axudas públicas.

Terán preferencia no proceso de selección de candidatos/as as persoas socias de ADEGA.

O idioma vehicular de ADEGA é o galego.

Como te podes candidatar?

A presentación de currículos poderase facer por e-mail (enviando a cerna@adega.gal) indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo comunicación 2022”.

A data límite para a presentación de currículos será o vindeiro martes 25 de outubro (incluído).

Tras unha primeira selección de candidaturas por méritos ou currículo, realizarase unha entrevista persoal  aos candidatos/as para escoller finalmente a persoa que desempeñará o posto de traballo.  

É importante que os datos de contacto das persoas candidatas sexan facilitados para poderen ser contactadas por ADEGA.

Grazas pola vosa atención.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal