ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Gran manifestación: Por unha CRTVG ao...

06-11-2022

Gran manifestación: Por unha CRTVG ao servizo do pobo.

ADEGA secunda a manifestación convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e outros máis de trinta colectivos políticos, sindicais e sociais galegas,  que terá lugar o vindeiro domingo, 6 de novembro, nas rúas de Compostela baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”.

As entidades convocantes consideran que o executivo galego mantén secuestradas a radio e a televisión públicas de Galiza, antepoñendo os intereses do Partido Popular aos valores de carácter ético-político nos que debe fundamentarse o servizo público.

En consecuencia reclaman unha radiotelevisión pública que difunda contidos destinados a garantir a cultura e a lingua galega, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social e territorial, a promoción dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, como a igualdade e a non discriminación, e a calidade da propia democracia.

Demandan ademais unha programación que preste especial atención á infancia e á mocidade, que promova e defenda a identidade, a cultura e a lingua propias de Galiza, que cumpra a súa función estratéxica como motor do desenvolvemento da produción audiovisual independente, e que erradique dunha vez por todas a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais.

Facebook Por unha CRTVG ao servizo do pobo
Twitter e Instagram @RescataraCRTVG


Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal