Páx. 9
O ecosindicalismo, unha acción sindical que integre a problemática ambiental, non se pode basear só nos intereses da especie, senón tamén nos intereses sociais a curto prazo, fundamentalmente o emprego.
Páx. 29
Artigo feminista que analiza varios aspectos relacionados có papel das mulleres galegas dentro do tecido económico:- a desigual participación de homes e mulleres- as preocupacións pola produción doméstica- a valoración económica do traballo doméstico.
Páx. 30
Artigo de natureza pacifista que analiza entre outros factores o concepto de obxección fiscal, que defende a decisión de non adicar parte dos impostos ós presupostos de Defensa.
Páx. 38-39
Artigo sobre a tradición da Festa da Árbore, facendo un percorrido pola súa historia a nivel internacional e nacional, sobre todo nos séculos XIX e XX.
Páx. 27-28-29
O cambio técnico constitúe un dos eixos centrais no desenvolvemento contemporáneo. Antes dos cambios dos anos sesenta, vinculados ao que se coñece como revolución verde na agricultura mundial, xa se produciron nas décadas anteriores á Guerra Civil importantes mudanzas de carácter técnico na agricultura galega.