Páx. 11-13
Entrevista ó escritor Manolo Rivas no que reflexiona, entre outras cousas, sobre a "estafa" que supón o proxecto de incineración da Xunta que vai converter a "Galiza nunha especie de rede arterial de transporte do lixo", ademáis de propoñer o traslado de ditos temas á ONU.
Páx. 26-27
Os escritos de Pedro Costa foron claves para dotar de argumentos ós movementos sociais ascendentes na orixe do ecoloxismo español. Cerna aproveita a súa visita por mor da loita dos veciños de Merza contra unha liña de alta tensión para facerlle unha entrevista. Ademáis inclúese un artigo de Manuel Soto Castiñeira, de título "Debate en Merza: efeito das liñas de alta tensión", relativa a dita problemática sinalada.
Páx. 8-9
Carlos Antunes foi xunto con Pierre Juquin, Penny Kemp, Isabelle Stengers, Wilfried Telkämper e Frieder Otto Wolf redactor do Manifesto Ecosocialista publicado no ano 1990. Portugués, formouse nas loitas de resposta contra o Estado fascista de Salazar, sendo considerado como autor moral das accións armadas das Brigadas Revolucionarias. Despois da Revolución dos Cravos pasou a cuestionar os planteamentos teóricos, e sobre todo a práctica, dos partidos da esquerda tradicional. Hoxe defende a necesidade dunha intervención social e política non partidaria, e adica os seus esforzos ao traballo en OIKIA promovendo un desenvolvemento integrado en Angola, Mozambique e outras zonas de África. Recentemente falou en Santiago para a Revista Cerna.
Páx. 9-11
Entrevista con Xavier Viña, xerente do viveiro Argoat, situado en Pazo de Galegos, no concello de Frades, e que están especializados na produción de planta de frondosas caducifolias. Xavier Viña tamén ocupa na actualidade a presidencia da Asociacióon e Viveiristas Galegos. É, por tanto, a persoa idónea para analisar os problemas do sector viveirista, e das posibilidades das especias caducifolias como unha alternativa, non só desde o punto de vista ecolóxico senón tamén produtivo con vistas a extraer rendabilidade dos nosos montes.
Páx. 8
Entrevista a Benito Boullosa, membro da Coordinadora pola defensa das parroquias de Bértola e Figueirido.