Revista CERNA

Artigos de Contaminación. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Dossier a Marea Negra: Características químicas do vertidos e riscos sanitarios

Manuel Soto Castiñeiras e Luis Díaz Cabanela

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Páx. 28-30

Os autores analizan as características químicas do fuel e as afeccións sanitarias das persoas expostas en diferentes condicións. Os rexistros deo SERGAS indican que se están a producir afeccións debidas a toxicidade xeral por exposición a compoñentes do petróleo. Moitos dos contaminantes tamén poden causar afeccións de tipo carcinoxénico. Ante a ausencia de estudos oficiais da contaminación, que os autores denuncian, a avaliación dos ricos habidos na marea negra do Erika nas costas betronas serve como exemplo para propor medidas de prevencións para os diferentes labores a realizar nas costas galegas.

Dossier a Marea Negra: Graves afeccións a áreas da futura Rede Natura 2000

Xabier Vázquez Pumariño

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Páx. 31

A nivel mediático estáselle a dar unha gran importancia ás afeccións producidas no Parque Nacional das Illas Atlánticas ó respecto hai que lembrar que científicos e as as organizacións ambientalistas propuxeran non só protexer baixo a figura de Parque Nacional as Cíes, Ons e Sálvora, senón tamén o conxunto da Costa da Morte, e particularmente as Illas Sisargas, por ter uns valores ecolóxicos iguais ou superiores ó territorio finalmente declarado. Polo tanto, cómpre destacar a elevada calidade ecolóxica de todas as zonas afectadas, aínda que non conten coa cobertura lega e mediática que sería desexable. Moitas destas zonas forman parte da proposta galega de Lugares de Interese Comunitario (LIC) para constituir a futura rede Natura 2000 europea.

O carbón contamina A Coruña

Ramón Muñiz

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Páx. 7

A combustión do carbón, non afecta só ás fachadas e aos interiores das casas próximas ao porto, tornando ás mesmas ennegrecidas. Os pulmóns e a saúde humana e animal tamén se ve contrariada. Analizamos estes feitos no seguinte artigo.

O impacto ambiental da guerra

Xabier Vázquez Pumariño

CERNA Nº 38 - -

Páx. 41-42

Coa anterior guerra do Golfo tivo lugar o maior vertido de cru da historia e os residuos tóxicos da guerra afectarán á industria pesqueira local por máis de 100 anos. O impacto ambiental das guerras non é un problema secundario, xa que supón roubar ao conxunto da humanidade un dos seus patrimonios máis valiosos: a diversidade biolóxica, a auga e a terra.

Contaminantes químicos

Manuel Soto

CERNA Nº 38 - -

Páx. 12-13

A Comisión Europea propuxo recentemente un novo sistema para a regulación da produción, importación e do uso de produtos químicos, que afecta tanto aos produtos existentes coma aos novos, polo que deberán ser rexistrados e avaliados nos seus diferentes riscos para a saúde e o ambiente. As substancias químicas de maior risco necesitarían ser autorizadas antes de calquera uso, para o que se propón recoñecer5 a responsabilidade da industria en proveer datos sobre o comportamento das substancias. Neste artigo resumimos algúns aspectos do actual debate sobre o tema e damos conta de tres cuestións particulares relacionadas cos contaminantes químicos: a eliminación de PCB´S, o abandono do mercurio , a nova normativa sobre deterxentes.

Agresións á Rede Natura 2000

Xabier Vázquez, Martiño Nercellas

CERNA Nº 38 - -

Páx. 23-26

Analizamos o impacto e contaminación das áreas LIC da costa galega. Máis alá dos propios vertidos de fuel, a retirada destes axentes contaminantes, da lugar a un maior deterioro destas áreas que camiña da man coa intervención humana sobre o espazo, movida por lavados de cara que promoven un beneficio sobre o uso e ocupàción dos espàzos, máis alá do benestar ambiental.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal