CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo
Páx. 41
Benqueridas compañeiras/os: o outro día, paseando por un bosque, topeime cunha maleta tirada no lixo. Recollina e descubrín que se trataba dunah vella máquina de escribir. Limpeina, arranxeina e ela empeñouse en escribirvos unha carta. Velaquí a primeira carta de "Tecliñas", a máquina de escribir salvada de morrer en calquera vertedoiro, en SOGAMA...
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 42-45
En 2016, ADEGA asina un acordo de custodia coas propietarias e propietarios da Zarra da Pena, unha parcela de 20 hectáreas situada no Sobreiral do Arnego. En 2018, ADEGA recibe unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver un programa que contempla diferentes actuacións de estudo e conservación.
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Os incendios foron constantes e paralelos a un aumento de produción de madeira e serviron para estender o eucalipto en Galicia. A Administración dedica fondos públicos para facernos crer que está combatendo o lume, mais tamén potencia as plantacións de crecemento rápido (eucaliptos e piñeiros) e as situacións que propagan o lume. É un feito o abandono do bosque autóctono, a escasa produción de madeira de calidade das nosas árbores, e tamén a baixa produción de leña, mel, cogomelos, gandería en liberdade... A industria transformadora e derivada da madeira podería ser moi superior á actual e serviría para fixar poboación no medio agro-forestal galego se o modelo forestal mudase. Neste artigo, analizamos tres aspectos do monte galego: o seu potencial madeireiro, o problema dos incendios forestaise o imparable avance do eucalipto.
Páx. 6
A nova PAC vai xerar labregos e labregas cada vez máis arruinados; unha alimentación cada vez máis cargada de residuos de abonos químicos, fitosanitarios ou hormonas; medio ambiente máis deteriorado; o medio rural cada día máis despoboado e as axudas estructurais para os países máis ricos e desenvolvidos.
Páx. 8-9
Hai que considerar a importancia dos ecosistemas e non só o aumento da producción, sendo esta última a liña seguida polo pensamento agronómico-tecnicista-parcelario e a economía clásica, por iso é necesario mudar a dirección do actual modelo de desenvolvemento agrario.
Páx. 38 - 41
O autor sostén que a actividade agrogandeira actual na Galiza presenta un impacto ambiental menor que o doutras agriculturas de referencia grazas ao mantemento da integración da actividade agrícola e gandeira pola vía do uso dos xurros como fertilizante. Así mesmo, avoga polo mantemento e mellora deste modelo, promovendo a valorización do xurro como un importante recurso económico e ambiental e evitando que pase a ser considerado como un residuo.