Páx. 40-41
O xeógrafo e botánico Hult visitou Galiza no ano 1899 co fin de levar a cabo investigacións xeomorfolóxicas. Nos meses de estancia este profesor finlandés percorreu o país e deixou as súas impresións sobre a nosa Natureza.
Páx. 17-19
A grave contaminación atmosférica no noso país está afectando seriamente o desenrolo e o crecimento das especies forestais. Esta problemática levou a ADEGA a realizar xá nos anos 92-93 un estudo do estado fitosanitario do bosque para o Concello de A Estrada. No ano 94, ADEGA levou a cabo un estudo similar, apoiado pola Diputación Provincial e polo Sindicato Labrego Galego, para toda a provincia de A Coruña.
Páx. 7-9
O xénero Salix comprende unhas 160 especies, case todas leñosas, polo regular árbores e arbustos, que viven con preferencia nos países temperados do hemisferio boreal. Delas 27 son nativas da Península Ibérica e en Galicia, autóctonas ou naturalizadas, pódense atopar 10 especies distintas.
Páx. 10-11
Análise do ciclo biolóxico e peculariedades das anguías.
Páx. 12-14
Na actualidade a dinámica de introdución de especies de algas mariñas alóctonas está moi acelerada, fundamentalmente polo incremento do trafego marítimo e a importación máis ou menos incontrolada de material biolóxico. Todo isto provocou a ruptura das antigas barreiras bioxeográficas, facilitando a implantación de especies foráneas. Nas costas galegas este fenómeno é particularmente significativo pola importancia e desenvolvemento da súa maricultura.
Páx. 20-22
Nos últimos meses encontráronse varios examplares mortos de araos comúns en diversas zonas da costa galega. Unha das hipóteses que se baralla pero que non é patente en todolos casos, é que a morte das aves se produciu fundamentalmente pola inxestión de crú, procedente presumiblemente do lavado ilegal de petroleiros nas costas galegas, cuestión que habería que desentrañar a calquera prezo, se queremos salvar unha ave única.