Páx. 29-32
Ao longo dos días 18 e 19 de xuño, tiveron lugar en Pontevedra unhas Xornadas de recollida selectiva na oroxe e reciclaxe de residuos urbanos, organizadas pola Asociación pola defensa da ría.
Páx. 32-34
Achegámonos nesta ocasión á obra dun poeta mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro, a quen a maoría da crítica literaria galega trata coma unha especie de "Segundo Curros", tomando pé nas indubudables afinidades ideolóxicas que existiron entre ambos.
Páx. 36
Neste artigo recollénse diferentes actividades como as bici-vixías do ambiente, xornadas sobre economía e recursos naturais, encontros de grupos ecoloxistas galegos e portugueses e A Casa da Terra.
Páx. 37
O director americano Steven Spielberg ten unha relación coas nosas terras galegas, probablemente inspiración da súa última película baseada no mundo dos dinosaurios. Concretamente, a súa inspiración aconteceu no momento no que avistou aquela paisaxe abrupta e estremecedora chamada Serra do Xurés.