Revista CERNA

Artigos de Outros. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A loita pola paz na Galiza

CERNA

CERNA Nº 38 - -

Páx. 37

A Coordinadora galega pola paz, constituída por máis de 30 organizacións da sociedade civil galega, entre elas ADEGA, fixo pública a súa oposición radical á barbarie que supuña a invasión militar de Iraq e promoveu as multitudinarias mobilizacións que tiveron lugar en Galiza, ao igual que noutras partes do mundo, os pasados días 15 de Febreiro, 15 de Marzo e 6 de Abril, así como numerosas mobilizacións en vilas e cidades de Galiza convocadas pOlas distintas coordinadoras comarcais.

Rexeitar a agresión

Carlos Taibo

CERNA Nº 38 - -

Páx. 40

Neste artigo analízanse algunhas das causas que levan a rexeitar a invasión de Iraq. O petróleo barato estaba detrás, abofé, da agresividade estadounidense pois existían outros camiños para resolver os problemas: unha ampliación da misión dos inspectores da ONU , tería garantido de forma sobrada que as tensións bélicas e as ameazas, non reaparecerían co Iraque como epicentro.

Economía e medio ambiente

ADEGA - Cadernos nº8

CERNA Nº 39 - -

Páx. 18

ADEGA ven de publicar no nº 8 da serie "ADEGA - Cadernos" a monografía "ECONOMÍA E MEDIO AMBIENTE", da que son autores María Xosé Vázquez Rodríguez e Xavier Labandeira Villot, ambos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Segundo os autores, "as bases da economía ambiental descansan na importancia de analizar as causas e as implicacións económicas da degradación ambiental, e a necesidade de deseñar incentivos económicos para frear este proceso, baixo a premisa de que o medio ambiente e a economía non se poden contemplar separadamente, pois cambios nun deles afectan inexorablemente ao outro.

Constitución europea

Xosé María García Villaverde

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 10

Desde o pasado mes de Outubro, os Estados membro da UE e os países de próxima incorporación están á negociar, sobre o borrador aprobado pola Convención Europea, a futura constitución da UE, que será sometida á referendum en Xuño de 2004. As Green 8, as oito grandes organizacións ambientais europeas, presentaron en Agosto o documento que, co título Cara unha Constitución Verde da UE, recolle as súas propostas de emendas ao borrador de Carta Magna. A versión en galego pódese ler en www.adegagaliza.org.

Arao sempre arao

Iago Pérez, Miguel Cuba

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 30-31

Arao dos Cons, "Uria Aalgie". A modo de reflexión, empregando como ferramenta a literatura faise fincapé na desaparición e deterioro do beenestar desta especie animal.

Xerardo Álvarez Limeses (III)

Emilio Xosé Insua

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 40-41

Falamos do poeta que escribiu entre dous séculos. Nuns casos, empregando os recursos da visión pictórica sobre a paisaxe e dos seus elementos, isto é, un descritivismo decimonónico, mais que por momentos achégase á técnica impresionista e recorre algunha que outra metáfora de inspiración imaxinista. Analizamos algunha destas creacións no artigo que segue.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal