Páx. 20-23
Despois dun análise do estado da planta de compostaxe de Mouga, o resultado do informe recomenda o peche da mesma ou a súa reconversión cara a próxima incineradora. A irresponsabilidade de Erpo e dos governantes dos concellos da Mancomunidade, con Narón e Ferrol a cabeza, se non cambian moito as cousas, vai a dar ao trate coa única experiencia real de reciclado na Galiza.
Páx. 25-29
O abandono xeralizado e a xestió deficiente en materia de xestión de residuos sólidos producido pola actividade humana ven sendo unha dinámica no noso país. A recuperación e reciclado de materiais recuperables é unha asignatura pendente en moitos concellos.Ante o panorama exposto ó longo de este artigo, ADEGA elaborou un Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos que presentou ao Conseleiro de Ordenación do Territorio de Obras Públicas o pasado ano.
Páx. 2
Algúns dos proxectos industrializadores da Xunta caracterizanse polo elevado impacto sobre o medio ambiente e pola falta de perspectivas de cara ó futuro. A planta de residuos tóxicos de Somozas era un complemento necesario as pretendidas industrias celulósicas, que por sí soas xeran máis dun tercio dos denominados residuos tóxicos e perigosos. Preguntámonos se o fracaso do plan celulósico fará reconsiderar a instalación en Somozas dunha planta dese tipo.
Páx. 16-17
Ó longo do presente artigo trataráse a problemática ambiental dos R.S.U., a súa xestión adecuada e os "peros" ao proxecto de xestión de residuos sólidos urbáns da Xunta de Galicia, para finalmente propoñer unha alternativa ao mesmo.
Páx. 18-21
Neste artigo poderemos coñecer o proceso de compostaxe máis de preto, pasando polos sitemas de compostaxe existentes, consideracións sobre o uso do compost ata as plantas de compostaxe no estado español.
Páx. 34
Tras o primeiro fracaso da iniciativa promovida polos estudantes da Universidade de Santiago e o Concello da recollida de papel, novamente reanúdase esta campapaña de recollida de papel usado engadíndose ó proxecto novas facultades.